Archivos

Biblioteca Escolar, espazo de aprendizaxe e diversión. 2007-2009

biblioteca_escolar¿QUE É?

É un proxecto INTERCOMUNIDADES aprobado polo Ministerio de Educación e Ciencia.

¿QUEN PARTICIPAMOS?

Colexios públicos pertencentes a 4 Comunidades Autónomas: Castilla a Mancha, Cataluña, Galicia e Madrid.

¿POR QUÈ PARTICIPAMOS?

Consideramos que a biblioteca scolar resulta imprescindible para mellora la calidade educativa, o fomento do hábito lector e o acceso a todo tipo de información.

¿CUALES SON OS NOSOS OBXECTIVOS?

  • Establecer unha colaboración entre centros de diferentes comunidades, levando a cabo experiencias conxuntas.
  • Compartir con outros profesionais diferentes experiencias en torno á biblioteca escolar, de actividades de fomento da lectura e do uso da información.
  • Potenciar o uso das tecnoloxias como medio de comunicación e de acceso á información.

¿QUE ACTIVIDADES IMOS A REALIZAR?

  • Creación dun forum de opinión a través das webs dos centros.
  • Participación en video-conferencias.
  • Elaboración de listas de lecturas suxeridas nas webs dos centros participantes.
  • Presentacións multimedias da biblioteca escolar de cada centro.
  • Intercambio de materiais e documentación.

¿CANTO DURA O PROXECTO?

Dous cursos.